XUNTA DE GOBERNO

Nova pista polideportiva nas Cancelas

22/11/2014 O Concello vai construír unha nova pista polideportiva nunha parcela, lindeira coa rúa Vicente Risco, situada no SUNP-4 do Camiño Francés, no parque das Cancelas. O proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno.

Este proxecto, que vén a completar o acondicionamento do parque de recente creación, contempla a construción dunha pista multideporte para fútbol sala, baloncesto e balonmán. Na actuación tamén se prevé o peche perimetral e o equipamento necesario para a práctica destes deportes.

Por último, inclúese a construción dun skate park en dous niveis para a práctica de especialidades e xogos sobre rodas.

O orzamento destinado a esta actuación é de 189.404 euros e o prazo de execución de catro meses.

Compartir: