SERVIZOS SOCIAIS

Xornada lúdica no Palacio de Congresos para reivindicar os dereitos do neno

21/11/2014 A Concellería de Servizos Sociais organizou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia unha programa lúdico para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno, celebrado o día anterior. A titular do Departamento, María Corral, achegouse ao recinto para vivir esta xornada cos máis pequenos.

O evento destacado da xornada foi unha representación de maxia a cargo do Mago Xacobe. Ademais, realizáronse obradoiros para nenos e nenas de maxia, globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, artesanía, manualidades e contacontos, entre outros. Tamén estiveron instalados os inchables e os rapaces puideron participar no xogo da busca do tesouro.

Durante a tarde, diversas entidades e asociacións de iniciativa social relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas tiveron instaladas no Palacio mesas informativas.

Compartir: