CULTURA

Womex confirmou a importancia de Santiago de Compostela como escenario e punto de encontro cultural a nivel internacional

30/10/2014 A concelleira de Cultura, María Antón, participou na Cidade da Cultura rolda de prensa de valoración dos resultados de Womex’14, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez. 2.400 delegados, un 6,66% máis que na anterior edición, e 1.470 empresas (un 16,66% máis) de 90 países, ademais dunha feira con 668 exhibidores de 47 países e unha marca de 280 casetas (+12%) son cifras que falan do éxito deste evento.

Womex´14 foi o máis importante evento cultural en Galicia dos últimos anos. Foi valorado como unha gran oportunidade para a música galega, pero tamén para a proxección internacional da nosa cultura e para o posicionamento de Santiago e de Galicia no mundo.

Ademais do feito de que Womex'14 foi a edición con máis asistencia de delegados do últimos cinco anos (creceu un 6,6% con respecto ao ano anterior), cumpríronse os obxectivos estratéxicos que se marcaron dende a organización. Confirmouse Womex como unha ferramenta de transformación tanto para a cidade como para o sector musical galego e a forza de Compostela como un escenario e punto de encontro internacional.

Compartir: