ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu os organizadores e relatores do VIII Congreso Internacional de Psicoloxía Xurídica e Forense

24/10/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no Pazo de Raxoi a directiva e os relatores do VIII Congreso (Inter)Nacional de Psicoloxía Xurídica e Forense, que se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 ao 25 de outubro.

Este congreso pretende seguir avanzando na vinculación da psicoloxía xurídica á evidencia e na transferencia de coñecemento da evidencia á práctica. É unha boa oportunidade para que académicos, científicos e profesionais compartan os últimos progresos nesta materia.

O oficial superior do proxecto de revisión da clasificación dos trastornos mentais e do comportamento da Organización Mundial da Saúde (OMS), Geoffrey Reed, pronunciará este sábado 25, ás 13:00 horas, a conferencia plenaria coa que rematará a programación deste Congreso.

Compartir: