SERVIZOS SOCIAIS

Destacados especialistas da psicoloxía xurídica e forense reúnense en Compostela

23/10/2014 A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou na EGAP no acto inaugural do VIII Congreso (Inter)Nacional de Psicoloxía Xurídica e Forense, que se celebra en Santiago do 23 ao 25 de outubro.

Este congreso pretende seguir avanzando na vinculación da psicoloxía xurídica á evidencia e na transferencia de coñecemento da evidencia á práctica. Será unha boa oportunidade para que académicos, científicos e profesionais compartan os últimos progresos nesta materia.

Direcciones relacionadas



Compartir: