OFRENDA

Ofrenda a Alfonso II O Casto, personaxe clave na xénese do Camiño de Santiago

27/09/2014 A concelleira de Cultura, María Antón, e o alcalde da localidade asturiana de Nava, Emilio Ballesteros, realizaron unha ofrenda floral na estatua de Alfonso II "O Casto" situada na praza de Entrepraciñas.

Alfonso II, alcumado "O Casto" foi rei de Asturias (791-842) e a tradición di que, durante o seu reinado, viaxou a Iria Flavia para coñecer o recentemente descuberto sepulcro do Apóstolo Santiago e erixir a primeira igrexa dedicada ao Santo. Deu conta do achado a Carlomagno e a nova propagouse por Europa, sendo a xénese do Camiño de Santiago. Así se indica no Códice Calixtino.

Este Concello asturiano tamén realizou unha ofrenda sidreira ao Apóstolo Santiago durante a misa do peregrino. Posteriormente, ofreceu unha degustación de sidra na praza da Quintana. Con estes actos, queren reivindicar o paso do Camiño de Santiago polo municipio.

Compartir: