DEPORTES

O Monte Pedroso acolleu a cuarta proba do III Circuíto de Carreiras CorreSan

21/09/2014 O III Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan chegou á súa cuarta proba, unha cronoescalada individual ao Monte Pedroso dende a Granxa do Xesto. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, habitual do Circuíto, tampouco faltou a esta cita atlética.

A proba consistiu nunha cronoescalada individual, na cal os corredores saíron de un en un. Os adultos realizaron un percorrido de algo máis de tres quilómetros, mentres que as categorías escolares, segundo as idades, correron dous ou un quilómetros.

A seguinte carreira do Circuíto CorreSan será o 11 de outubro, cun percorrido entre a Cidade da Cultura e San Lázaro.

Compartir: