DEPORTES

Arrancou no Castiñeiriño unha nova edición da Volta Ciclista a Galicia

19/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, cortou a cinta de saída da XIII Volta Ciclista a Galicia, con saída no Castiñeiriño. Posteriormente, a concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu en Teo á entrega de premios.

A Volta Ciclista a Galicia, que se celebra do 19 ao 21 de setembro, arrancou cunha cronoescalada no Monte Pedroso. A primeira etapa en liña saíu do Castiñeiriño e rematou no alto de Montouto, despois de que os ciclistas percorreran 78 quilómetros. A competición completarase con dúas etapas máis: unha na Coruña (20 de setembro) e outra en Sanxenxo (21 de setembro).

Compartir: