EMPREGO

Reyes Leis clausurou as Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral

09/09/2014 A concelleira de Emprego, Reyes Leis, clausurou no edificio Cersia as Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral, organizadas pola Plataforma polo Emprego como membro da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA).

A concelleira de Economía, Reyes Leis, clausurou hoxe no Edificio CERSIA as Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral, onde tivo a oportunidade de destacar a importancia que ten a actuación deste tipo de empresas no tecido empresaria galego para a integración das persoas máis desfavorecidas como son os colectivos en risco de exclusión social.

Durante o acto puxo de relevo a implicación do Concello neste tipo de eventos e a dispoñibilidade para que poidan levarse a cabo en instalacións municipais como o Edificio CERSIA, onde tivo lugar o encontro. Neste tratouse a importancia de dar a coñecer a existencia deste tipo de empresas, caracterizadas por dedicarse a inclusión de persoas en riso ou situación de exclusión do mercado laboral ordinario como ferramentas alternativas na situación económica que estamos a vivir. Trátase tamén de sensibilizar a poboación en xeral sobre o papel xogado polas empresas de inserción e de ofrecer información sobre a existencia das diferentes empresas de Inserción en Galicia.

O encontro, que contou cun representativo número de especialistas no sector, facilitoulles ás persoas asistentes toda a información necesaria ao seu respecto na nosa Comunidade Autónoma, salientando o feito de son unha parte importante das políticas activas de emprego en Galicia.

Compartir: