Xunta de Goberno

O Concello completa o servizo de roza e limpeza de vieiros municipais con traballos para a prevención de incendios

29/08/2014 A Xunta de Goberno Local ven de aprobar tamén a adxudicación do servizo de prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais do termo municipal por un importe de 41.140,00 €, dos que o Concello achega 25.918,20 euros e o resto vai con cargo aos fondos FEADER europeos.

Esta actuación é froito dun convenio entre a Consellería do Mar e Rural e o Concello de Santiago de Compostela e supón unha mostra máis da colaboración entre Administracións para levar a cabo a recuperación do potencial forestal e a prevención dos incendios. En poucos días poderanse iniciar os traballos.

Está previsto actuar durante un mes nunha superficie estimada de 121 hectáreas.

Nun primeiro momento haberá que priorizar as actuacións que se indiquen como máis necesarias desde o Distrito Forestal de Ordes, no que se inclúe o Concello de Santiago, para actuar de forma coordinada.

Logo de que se lle dea cumprimento ás necesidades máis perentorias sinaladas polo citado órgano forestal, o Concello poderá continuar coas acción preventivas naqueles lugares onde se considere máis necesario, especialmente no tocante ás proximidades das vías municipais e zonas habitadas.

Esta acción completa as labores de desbroces que está a realizar o concello durante o verán.

Na actualidade están realizados 78,83 qm nas parroquias
- Laraño: 5,030 qm.
- Figueiras: 25,000 qm.
- Santa Cristina de Fecha: 9,050 qm.
- Aríns: 30,000 qm.
- Grixoa: 9,750 qm.

Parroquias a un 70% de desbroce:
- Villestro
- San Xoán de Fecha
- Eixo
- Marrozos
- Angrois
- Sar

Os traballos realizáronos 5 equipos compostos por un tractor e unha persoa con un equipo manual para desbroce en rebordes e sinais que acompaña a cada tractor. Fan recollida do material en cunetas e medias cañas.

Esta actuación atópase dentro do servizo de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viario, carreiros fluviais e parcelas municipais, por un importe de 230.000 euros e para os anos 2014 e 2015.

Con este contrato temos unha empresa dedicada todo o ano a rozar as fincas, camiños e cuneta de todo o concello, encargándose tamén de limpar, recoloca e repoñer sinais ou carteis", explicou o alcalde

Compartir: