CULTURA

"Peor imposible", o novo espectáculo de Peter Punk, en Verán na Rúa

28/08/2014 O programa Verán na rúa vive as súas últimas xornadas. Este venres 29 de agosto chega Peter Punk, co seu novo espectáculo, Peor imposible. Será ás 19.30 horas na praza de San Martiño Pinario, con entrada libre. Aínda quedan por recuperar a vindeira semana os dous espectáculos suspendidos polo mal tempo. As datas anunciaranse mañá venres.

O novo espectáculo de Peter Punk reflicte a situación actual: peor imposible... ou case. Tras o éxito acadado nas súas xiras internacionais, o noso protagonista pensa que xa todo será doado na súa carreira, pero Peor imposible demostra que nada diso era certo. Intentos de equilibrios con paraugas, cadeiras, persoas...

Números fallidos e desastres que, cando menos, provocarán a hilaridade do público. Un gran show dun dos mellores pallasos e artistas de rúa de Galicia.

Compartir: