ALCALDÍA

O alcalde deu a benvida a Santiago de Compostela aos participantes na XXIII Comisión Internacional de Óptica

26/08/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, saudou no Hostal dos Reis Católicos os participantes na Comisión Internacional de Óptica, que se celebra en Santiago entre o 26 e o 29 de agosto baixo o lema "Iluminando o futuro".

Uns 500 investigadores de 50 países participan na vixésimo terceira edición deste prestixioso congreso internacional, a primeira que se celebra en Europa dende a súa creación en 1948. Os científicos exporán en diversos relatorios os últimos avances en campos como a óptica ou a fotónica.

Compartir: