CULTURA

Ytuquepintas presenta "Soños de area"

26/08/2014 Verán na rúa continúa nas prazas de Compostela. Este mércores 27, se o tempo o permite Soños de area co catalán Ytuquepintas. Será ás 22:00 horas na praza da Quintana.

Estamos afeitos a ver a arte como algo que perdura no tempo, como unha obra que segue viva despois da desaparición do artista. Pero a arte tamén pode ser efémera, durar só un instante. Este é Ytuquepintas, un artista que fai un espectáculo multidisciplinar que combina arte con area, circo, música en directo, monicreques de gran formato e pintura rápida. Historias cheas de emoción creadas con area sobre un cristal só cun movemento de mans.

En caso de choiva, a actuación será aprazada para a próxima semana, ao igual que os espectáculos do luns e do martes. Este venres anunciaranse as novas datas.

Compartir: