ALCALDÍA

Agustín Hernández continuou a rolda de contactos coas asociacións veciñais cos representantes da Rocha e de Conxo

26/08/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse cos integrantes da Asociación de Veciños Serafín Zas, do barrio da Rocha, e coa Asociación Conxo Aberto.

Agustín Hernández continuou así coa rolda de contactos coas diferentes asociacións veciñais, grazas ás cales quere coñecer de primeira man as principais demandas dos barrios e parroquias de Compostela. Nos encontros tamén participaron os concelleiros José María Rosende e Luis Meijide.

Compartir: