ALCALDÍA

A Volta a España traerá tamén a Santiago un percorrido ciclista para os máis pequenos e un parque de lecer na Alameda

26/08/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron a programación de actividades previstas con motivo do remate na cidade da Volta Ciclista a España o 14 de setembro. Haberá unha Volta Junior, un parque de lecer durante dous días na Alameda, un espectáculo de imaxes, luz e son no Obradoiro e un concerto de Russian Red.

Agustín Hernández lembrou que a Volta rematará o 14 de setembro na praza do Obradoiro cunha etapa contra o reloxo individual nun circuíto urbano. O percorrido será o seguinte: Gaias (Cidade da Cultura), rúa Manuel Fraga, Fontes do Sar, rúa Londres, rúa Roma, rúa San Lázaro, rúa da Muíña, rúa Porto de Amio, rúa Mariñeira, rúa Seoane, rúa Amio, avenida de Asturias, glorieta do Cruceiro da Coruña, praza de España, San Caetano, praza da Paz, avenida Xoán XXIII e praza do Obradoiro.

Está previsto que primeiro corredor saia ás 17:23 e o último ás 20:23 horas, de xeito que a etapa rematará sobre as 20:30 horas. Logo realizaras ea entrega de premios, coa entrega da camisola amarela ao gañado ren torno ás 21:00 horas.

O alcalde incidiu na oportunidade de promoción e de proxección de primeira magnitude de Santiago de Compostela que supón esta fin da Volta. Neste sentido, indicou que o evento "move arredor de 3.500 persoas, chega a 178 países e é cuberto por 800 xornalistas, retransmitíndose por 33 cadeas de televisión de todo o mundo". Este labor promocional inclúe tamén a Compostela como membro do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade, que patrocina tamén a carreira.

"Podemos dicir con certo orgullo que Santiago de Compostela está de moda", apuntou Agustín Hernández, lembrando que, "en menos dous meses tivemos a oportunidade de recibir aos Reis de España, á chanceler alemán Ángela Merkel e ao presidente do Goberno Español, e agora, dun xeito excepcional, a nosa cidade será escenario dun dos acontecementos deportivos mais importantes do ciclismo mundial".

Volvendo á repercusión turística, o rexedor agarda que o impacto da Volta veña a sumarse aos bos datos de visitantes de xullo, mes no que "superamos unha cifra histórica en canto a pernoctacións de estranxeiros (57.480 pernoctacións nos hoteis da cidade, un 8,12% máis respecto do mesmo mes do ano pasado), e que se sitúa incluso por riba da marca establecida neste mes no Ano Santo 2010". Ademais, incrementáronse un 7% as pernoctacións de turistas procedentes do mercado español, e as conexións internacionais do aeroporto moveron 60.848 pasaxeiros, un 29,05% máis respecto dos 47.149 de xullo de 2013.

Volta Junior
En canto ás actividades previstas con motivo desta última etapa da Volta, o alcalde queixo destacar a Volta Junior, destinada a nenos entre os 8 e os 12 anos, que terá saída na avenida Xoán XXIII e remate na praza do Obradoiro, na mesma liña de meta que pouco despois cruzarán os corredores profesionais. Alí, na praza, os gañadores de cada categoría tamén recibirán a súa camisola.

Nesta carreira infantil participarán uns 125 rapaces, seleccionados polo Consello Xeral de Deportes en colaboración con diversas institucións. A proba comezará ás 16:30 horas

Parque Volta
Tamén para os máis pequenos está destinado o Parque Volta, que estará instalado na carballeira de Santa Susana, na Alameda, durante as xornadas do sábado e do domingo. Destacou o alcalde que Santiago é a única cidade de paso da Volta onde o parque estará dous días. Alí haberá inchables e outros xogos.

Espectáculo audiovisual e concerto de Russian Red
A directora da Axencia de Turismo de Galicia foi a encargada de dar conta doutras dúas propostas para a xornada do 14 de setembro. Unha será un espectáculo audiovisual creado para a ocasión, cunha proxección mapping sobre a fachada central do Pazo de Raxoi con imaxes de Galicia, o Camiño, Santiago e a Volta, acompañada de luz e son.

A partir das 21:30 horas, a proxección repetirase en varias ocasións ata o inicio do concerto de Russian Red na praza do Obradoiro. O Concello encárgase da parte de produción deste concerto, que trae a Santiago a Lourdes Hernández, inmersa en plena xira.

Compartir: