CULTURA

Gran gala de circo "Ruactiva" na Quintana

20/08/2014 Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a tódolos públicos. Este xoves, gran gala de circo Ruactiva con Alas Circo, Mago Teto, Bombo Tambor e outros artistas, presentados por Isabel Risco. Será ás 19:30 horas, na praza da Quintana, con entrada libre.

Esta será unha gala de circo de grande formato, para todos os públicos, na que participan algunhas das compañías de novo circo máis representativas do momento, unha presentadora e unha banda de música. A interacción de actores e malabaristas co público, gran variedade de técnicas artísticas, espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo e a ilusión do circo reunidos en Ruactiva, un dos mellores espectáculos de rúa feitos en Galicia.

Compartir: