CULTURA

Javi Javichi presenta o seu espectáculo de malabares "Veló coma o raio"

19/08/2014 Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a todos os públicos. Este mércores, en dúas sesións -ás 18:30 horas na Alameda e ás 20:30 horas na praza da Quintana- vez para Javi Javichi co seu espectáculo Veló coma o raio.

Javi Javichi é un malabarista no seu primeiro día de traballo, que xoga co público e busca o risco cun número de equilibrios sobre cilindros no que se mesturan a técnica de circo co humor máis clásico. Neste premiado espectáculo cómico emprega malabares (diábolos, mazas ou pelotas) nunha orixinal achega artística na que conecta co público dun xeito directo.

Compartir: