CULTURA

"Polos pelos", circo con Dani Blanco no programa Verán na Rúa

01/08/2014 O ciclo Verán na Rúa continua a próxima semana nas rúas de Compostela. O luns 4 de agosto, ás 19:30 horas, Pistacastro, da man de Dani Blanco, representa Polos pelos na praza de San Martiño Pinario. Entrada libre.

Polos pelos é un espectáculo de clown galego recomendado para todos os públicos. Un barbeiro nómade sae traballar, outro día máis, na súa barbaría ambulante. Pero hoxe será distinto: mentres traballa atopa unha maleta un pouco estraña, esquecida por un descoñecido, na que descubrirá un universo cheo de sorpresas.

Unha simple barbaría transfórmase nun espazo de maxia e circo onde a imaxinación fai todo posible. O humilde barbeiro convértese en todo un artista.

Compartir: