Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
16/08/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o vindeiro ano 2007 o día de San Roque volverá a ser non laborable na cidade. Pouco despois de participar na tradicional homenaxe ao santo, lembrou que a non festividade desde ano obedeceu unicamente a "circunstancias excepcionais".
Sanchez Bugallo encabezou a delegación da Corporación local de Santiago que renovou o voto da cidade a San Roque. O acto consistiu na celebración dunha misa solemne ás 11:00 horas e nunha ofrenda a este santo que, segundo conta a lenda, salvou a Compostela da epidemia.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.