FESTAS

XXXVI edición do Torneo de Chave

27/07/2014 As concelleiras María Antón e María José Corral asistiron á segunda e última xornada da XXXVI edición do Torneo de Chave "Festas do Apóstolo", celebrada no paseo da Ferradura, na Alameda. Probaron a súa destreza coa chave e presidiron logo a entrega de trofeos.

A Asociación de Xogadores de Chave de Santiago, en colaboración co Departamento de Deportes, organizou unha nova edición deste torneo, convertido xa nun clásico das Festas do Apóstolo e do calendario deste xogo tradicional galego.

Compartir: