SERVIZOS SOCIAIS

Concello e Colexio de Avogados renovan a colaboración para a prestación da asistencia xurídica gratuíta a persoas sen recursos

23/07/2014 A concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, e o decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira, asinaron o convenio que establece a colaboración para a implantación e funcionamento dunha quenda de letrados/as especializados en dereito administrativo e laboral que prestarán asistencia e asesoramento xurídico na vía administrativa previa a persoas sen recursos. O Concello achegará 4.000 euros.

Esta asistencia ten o como fin a formulación dos recursos administrativos e escritos procedentes, que na actualidade quedan fóra do ámbito da xustiza gratuíta. Os beneficiarios serán aquelas persoas que, acreditando insuficiencia de recursos económicos, residan no Concello de Santiago de Compostela.

Para levar a efecto esta asistencia xurídica, o Colexio de Avogados aboaralle ao letrado/a da quenda especializada, a cantidade de 116,74 euros polo recurso administrativo ou reclamación previa que presente.

Esta quenda especializada concrétase na asistencia e orientación ás persoas que acrediten insuficiencia de recursos económicos, de conformidade co baremo económico consignado nas normas de xustiza gratuíta, que sexan derivados pola Concellaría de Servizos Sociais. Os letrados para interporán os recursos administrativos previos á xurisdición contencioso-administrativa ou a xurisdición laboral de conformidade coas normas de xustiza gratuíta. Tal orientación irá destinada a informar de xeito fidedigno ao recorrente das posibilidades legais da actuación que pretende, con indicación dos trámites, prazos e consecuencias que puideran derivarse, e a formulación do recurso que proceda na vía administrativa previa.

Compartir: