TURISMO

Área Santiago promocionará a súa gastronomía en outono

23/07/2014 Os técnicos de Área Santiago mantiveron unha reunión de traballo no edificio municipal Cersia. Na xuntanza acordouse estudar diferentes accións de promoción conxunta da gastronomía dos 16 concellos do grupo, tanto os seus productos particulares, como a súa restauración e as súas festas gastronómicas, que se desenvolverían en outono, partindo do feito de que a gastronomía é un dos principais atractivos da zona.

Na reunión tamén se repartiu material sobre o Concurso de fotografía do grupo en redes sociais para repartir en oficinas de turismo, aloxamentos turísticos, museos e puntos de interese dos diferentes concellos. O concurso premiará con catro estancias para dúas persoas en Área Santiago valoradas en 500 euros. Os gañadores serán os autores das mellores fotografías en catro categorías: Festas e Tradicións, Patrimonio Histórico e Cultural, Paisaxes e Natureza e Gastronomía. O concurso diríxese tanto a veciños como visitantes, que poden participar en www.facebook.com/AreaSantiagoTurismo.

Compartir: