FESTAS

Concerto da Banda Municipal de Música

20/07/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao concerto da Banda Municipal de Música, dirixida nesta ocasión por Casiano Mouriño Maquieira. Durante o verán, as actuacións da Banda realízanse na rúa do Vilar.

A Banda interpretou un programa composto pola marcha Banda Sucre, de G. Orsomando; a escena e grande marcha da ópera Aída, de G. Verdi; a suite As dúas pombas, de A. Messager; unha selección de Alma de Dios, de J. Serrano; e pezas de A máscara do raposo, de J. Horner.

Compartir: