REFUXIO DE ANIMAIS

Os participantes no curso de perruquería equina e canina da UMAD realizaron prácticas cos cans do Refuxio de Bando

20/06/2014 Os alumnos e alumnas no curso de perruquería equina e canina organizado pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) remataron as súas prácticas no Refuxio de Bando con varios cans do recinto. Así colaboraron tamén coa actividade da protectora para facilitar a adopción dos animais. A concelleira Reyes Leis achegouse ata Bando para presenciar a actividade e entregar os seus diplomas aos alumnos.

Os participantes no curso de perruquería equina e canina organizado pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) remataron as súas prácticas no Refuxio de Bando con varios cans do recinto. Así colaboraron tamén coa actividade da protectora para facilitar a adopción dos animais. A concelleira Reyes Leis achegouse ata Bando para presenciar a actividade e entregar os seus diplomas aos alumnos.

Esta iniciativa da UMAD estaba dirixida a aqueles mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo formal e carecen da necesaria capacitación para desenvolver unha profesión. Este curso capacitou os participantes para realizar profesionalmente tarefas de perruquería e coidados básicos caninos e equinos.

O curso constou de 40 horas, nun 90% prácticas (con cabalos e cans) e repartiuse en dous módulos: Iniciación á perruquería canina e equina nivel I e Iniciación a perruquería canina e equina nivel II. A formación impartiuse na feira de gando de Amio.

As prácticas incluíron sesións cara o público, como as celebradas na Feira Cabalar da Ascensión o 29 de maio ou na Semana Verde de Galicia (Silleda) o 14 de xuño.

Compartir: