MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Servizo de transporte para o concerto de Melendi do sábado 14 de xuño

10/06/2014 O Concello oferta un servizo lanzadeira de transporte urbano para achegarse ao multiusos Fontes de Sar con motivo do concerto de Melendi, o vindeiro sábado 14 de xuño.

De xeito continuado, a partir das 19:00 e ata as 22:00, hora de inicio do concerto, comezará un servizo lanzadeira de transporte urbano con punto de saída na rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia), directo ata o multiusos Fontes do Sar.

A Liña C11 (circular de Fontiñas): accederá ao multiusos Fontes do Sar en todas as saídas do Centro Comercial As Cancelas comprendidas entre as 18:45 e as 21:15. Esta liña conta cunha frecuencia de 15 minutos ao longo de todo o día.

As paradas máis céntricas para acceder a ela sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas (paradas 673 e 674), praza de Galicia dirección Norte (parada 409), rúa da Ensinanza (parada 228) e rúa Virxe da Cerca nº 10 (parada 662).

Ademáis a LIÑA C5 (polígono de Costa Vella – Amio – Fontiñas – praza de Galicia – Paxonal – multiusos Fontes de Sar – Amio – polígono de Costa Vella) funcionará ao longo de todo o día cunha frecuencia de 60 minutos, servindo tamén de alternativa para chegar ao multiusos desde o centro da cidade ou das zonas de Amio e Paxonal.

As saídas do polígono son ás e media de cada hora, e as paradas máis céntricas para acceder a ela sitúanse na rúa Virxe da Cerca (parada 661), rúa Fonte de San Antonio nº 3 (parada 247), praza de Galicia dirección Sur (parada 410) e rúa da Rosa (parada 479).

Compartir: