DEPORTES

O sábado 10 de maio Compostela acolle a Andaina dos 50 quilómetros

05/05/2014 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a X edición dunha camiñata que forma parte do calendario oficial da "Copa Galega 2014 Andainas 50 Km" da Federación Galega de Montañismo. Ademais este ano conta con oito probas puntuais. Estivo acompañado polo presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, entidade organizadora do evento.

Nesta edición a andaina está dividiva en dous bucles pechados. Un primeiro de 29 qm, con saída jás 09:00 horas dende a Praza do Obradoiro, pasando por Bar, Monte Pedroso, Aradas, Miramontes, Pontealbar, río Tambre, Grixoa, Bargo, A Peregrina, O Romaño, Santa Isabel e finalizando na carballeira de San Lorenzo.

E un segundo de 21 qm que parte dende a carballeira e, saíndo polo Camiño de Fisterra, pasa por Vidán, A Rocha, Laraño, Outeiro do Castiñeiriño, Bornais, Santa Lucía, monte de Viso, Cidade da Cultura, Viso, Parque de Belvís, Trompas, Arco de Mazarelos, Toural, con final no Polideportivo do Instituto Rosalía de Castro.

Dos 50 qm do recorrido, exceptuando o tramo urbano á saida e chegada, soamente hai 2 km de pistas asfaltadas. É un recorrido alabado por todos os participantes pola gran beleza, xa que casi todo discurre polos entornos rurais, por camiños de terra e sendeiros. Isto fai que cada ano haxa máis participantes nunha proba que conta con camiñantes de toda Galicia do resto de España e incluso Portugal.

Os participantes poden completar o percorrido ou ben abandoar en calquer momento, para o cal están previstos medios de recollida e translado á cidade. Ademais das numerosas liñas de autobuses urbanos cerca de todo o recorrido.

Continúa aberto o prazo para a II proba BTT
O concelleiro tamén recordou que continúa aberto o prazo para inscribirse na segunda proba de BTT, nesta ocasión trátase dunha proba de resistencia que conta con 3 categorías: 6 horas, 12 horas e 24 horas.

Ata o momento hai un total de 100 participantes e todo aquel que o desexe poderá inscribirse a través da páxina web: www.imaxsonsports.es. O prazo remata o vindeiro 6 de maio.

Documentos relacionados



Compartir: