NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística celebra as Letras Galegas con múltiples actividades para o público infantil

30/04/2014 A concelleira Rebeca Domínguez presentou en rolda de prensa o programa que o seu departamento preparou para a infancia e mocidade de Compostela con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Xosé María Díaz Castro.

O calendario inclúe diversas actividades para público a partir dos 3 anos, que se realizarán no tempo de lecer (tardes e fins de semana) arredor de diversas formas de expresión: audiovisuais, musicais, concertos ou a expresión plástica. Todas elas pretenden ofrecer un contorno favorable ao uso da lingua galega, ampliando a oferta existente e, á vez, dando a coñecer a potencialidade do idioma e argumentando en prol do seu uso.

As actividades que compoñen o programa esténdense entre o 9 e o 28 de maio, todas elas de balde, onde os máis cativos poderán participar e gozar en galego.

Unha das iniciativas previstas é a denominada "En todo estás e ti es todo", un musical preparado polo alumnado do bacharelato de artes do IES Antonio Fraguas en torno á figura de Rosalía de Castro, que se celebrará o venres 9 de maio as 20.30 horas no Teatro Principal.

"Creamos un telexornal especial sobre as Letras Galegas 2014. Díaz Castro" é o título doutra actividade que ofrece o Departamento de Lingua. Un obradoiro audiovisual, dirixido a rapaces/as de 10 a 14 anos, que deberán participar na creación dun telexornal dedicado á figura de Díaz Castro.

A sala Mozart do Auditorio de Galicia acolle "Un paso (sempre) adiante", un recital dramatizado en torno á figura e á obra de Díaz Castro dirixido ao alumnado de centros de ensino secundario. Será o luns 12 de maio as 11.00 horas.

Outra das actividades é a proxección dunha curtametraxe e un posterior coloquio baixo o nome de "Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida". Serán tres sesións. O 12, 22 e 28 de maio no Seminario Menor da Asunción, no Colexio Compañía de María e no IES Eduardo Pondal respectivamente.

O sábado 17 de maio as 18.30 horas o Auditorio de Galicia será o escenario elixido para o concerto Palitroke de música tradicional infantil.

En "Animamos a tradición oral con plastilina" os rapaces/as de 10 a 14 anos, poderán gozar dun obradoiro de animación e audiovisual.

Aberto o prazo
A concellería de Normalización Lingüística lembra que segue abertos os prazos de inscrición do I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino ata o 2 de maio, onde poderán participar os centros de toda Galicia con traballos audiovisuais en torno á promoción do uso da lingua galega.

Ademáis o prazo de presentación do II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego abriuse na segunda quincena de abril e prolongarase ata o 15 de xuño.

Documentos relacionados



Compartir: