CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa a itinerancia da exposición fotográfica do Ateneo de Santiago "Compostela única, un retrato en imaxes anteriores a 1965"

30/04/2014 O Centro sociocultural O Ensanche acolle dende hoxe ata o 16 de maio a exposición fotográfica Compostela Única que xa leva percorridos catro centros socioculturais de Santiago, desde que en xaneiro comezara a itinerancia no Local Sociocultural da Rocha.

A mostra fotográfica producida a iniciativa do Obradoiro fotográfico do Ateneo de Santiago, amosa unha selección de fotografias captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografia, a mediados do seculo XIX, e 1965.

O percorrido que a exposición vén facendo por varios centros socioculturais de Santiago, pretende achegarse aos barrios dinamizando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catálogo.
Os paneis fotográficos estan agrupados en oito(8) temas diferenciados:

1. Compostela pedra a pedra,
2. Universidade,
3. Igrexa e Camiño de Santiago,
4. Oficios, obradoiros e actividade comercial,
5. Fotografías de autor,
6. a sociedade Compostelá,
7. Deportes,
8. Festas e Romarías.

O martes 6 de maio ás 19h no Csc O Ensanche, os reprensentantes do Ateneo, levarán a cabo a explicación desta mostra ante os veciños do barrio. Unha mostra que xa leva percorrido os centros socioculturais de Vite, o das Fontiñas, o de Castiñeiriño, A Rocha e que ten previsto visitar Conxo entre o 9 e o 30 de setembro.

Compartir: