NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Entregados os premios do concurso do programa "Vive a Paixón con compaixón"

23/04/2014 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, entregou o premio a Jacobo Otero, gañador do premio de curtas coa obra titulada "Vive a Paixón". María del Carmen Enjamio recibiu o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na categoría de fotografía con "A hora".

O concelleira de Normalización Lingüística presidiu no salón vermello de Raxoi a entrega de premios do concurso do programa Vive a Paixón compaixón, impulsado pola Confraría de Estudantes en colaboración co Concello e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Estas iniciativas de vídeo e fotografía tiñan o obxectivo de promover o uso do galego e das novas tecnoloxías no ámbito da celebración da Semana Santa. Asemade busca doar cenas para a cociña económica de Santiago a través da aportación económica que se lle entregou hoxe a Sor Esther, en representación desta entidade

No concurso, a fotografía "A hora", foi o primeiro premio que recaiu en Mª Carmen Enjamio. E na categoría de curta "Vive A Paixón", de Jacobo Otero foi o galardoado. Este concurso convidaba aos participantes a subir a súa foto da Semana Santa á rede, acompañada dunha descrición sobre o momento capturado. Debían facelo en galego.

Na categoría de curtas, os participantes gravaron unha curtametraxe, con argumento textual e sinopse en galego, da Semana Santa de Santiago co seu móbil.

Os clasificados en cada concurso recibiron un premio de 100 euros.

Compartir: