EDUCACIÓN

A mascota de As Cancelas celebra o seu aniversario este sábado

21/04/2014 A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu á presentación en rolda de prensa do programa das actividades do primeiro aniversario do Club de Celi, club infantil do Centro Comercial, que se celebrará este sábado 26 de abril.

As actividades infantís que o Centro Comercial As Cancelas acolle estes días terán o seu colofón o día 26, coa celebración do aniversario de Celi con máis de trinta actividades gratuítas que se desenvolverán dende as 12 da mañá e ata as 10 da noite.

Esta gran festa de aniversario servirá de broche final ao mes de Celi cuxas actividades e talleres se mantiveron durante a semana santa. Así, o Club de Celi centrou o xoves a súa actividade nun espectáculo de marionetas e o venres comezaron os talleres de Celi Máxica, con activiades enfocadas á maxia e o teatro, que tiveron continuidade durante toda a fin de semana.

As actividades de semana santa pecháronse o luns día 21 cun taller de Super Máscaras de Celi en horario 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00.

Todas estas actividades forman parte do mes do Club de Celi, co que As Cancelas festexa o aniversario do seu club infantil que resultou un éxito entre as familias de Santiago e arredores.

Compartir: