NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concello abre un prazo de preinscrición nos cursos de lingua galega (CELGA)

12/02/2014 Seguindo as indicacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Santiago abre un prazo de preinscrición en cursos de lingua galega (CELGA) co fin de recoller a demanda existente nesta localidade e trasladala a este organismo da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas deberán presentar cuberto o formulario de preinscrición nalgún dos rexistros do Concello de Santiago (rúa de Salvador Allende, 4, Frei Rosendo Salvado, 14 ou Avda. do Alcalde Raimundo López Pol). O prazo remata o sábado 22 de febreiro.

Neste momento cómpre unicamente indicar en cal das catro modalidades posibles están interesados/as. Unha vez recollidas todas as preinscricións, serán trasladadas á Secretaría Xeral para que determine o número e calendario definitivo de cursos que se van realizar. En ningún caso se vai convocar ningún curso que non reúnan un mínimo de 20 asistentes.

Unha vez que se faga público o calendario definitivo, os/as interesados deberán formalizar a matrícula.

A circular da SXPL indica que os cursos que se convoquen terán lugar durante os meses de abril e maio.

Para máis información xeral sobre os cursos CELGA (niveis, validacións etc.): www.xunta.es/linguagalega/celga

Para aclarar calquera cuestión sobre esta convocatoria de preinscrición, os interesados/as poden poñerse en contacto co Departamento de Lingua do Concello de Santiago: dlg@santiagodecompostela.gal / 981 542 409.

Documentos relacionados



Compartir: