Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
XUNTA DE GOBERNO

O Concello ordena a retirada das pantallas da Alameda e da praza de Galicia

Unha reunión da Xunta de Goberno.
Ampliar Unha reunión da Xunta de Goberno.


23/01/2014 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, acordou requirir ás empresas que prestaban o servizo a retirada das pantallas situadas no parque da Alameda (Porta Faxeira) e na praza de Galicia nun prazo de dez días. De non terse en conta este requirimento nun prazo de dez días, o Concello retirará estas pantallas.

A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, explicou que estas pantallas funcionaban sen contrato dende hai xa cinco anos. Ademais, indicou que nos últimos meses permanecían apagadas. A edil apuntou razóns estéticas e de contidos para retirar estas dúas pantallas. No caso da situada na Alameda, sinalou tamén a irregularidade da súa ubicación, ao non estar permitida segundo o Plan Especial da Cidade Histórica.

Tamén en materia de Urbanismo, o Goberno local acordou autorizar a posta en servizo das obras de urbanización executadas no contorno da parcela PR-5 do polígono 2 do SUP-3, en Pontepedriña. Concédese esta autorización a efectos do outorgamento da licenza de primeira ocupación do edificio construído na mesma, sen prexuízo da obriga de mantemento e conservación, que será de conta da Xunta de Compensación. María Pardo aclarou que non se produce a posta en servizo, pero que non se reciben as obras, xa que se considera que teñen deficiencias que deben solucionarse antes.

Finalmente, deuse conta na Xunta de Goberno da modificación do convenio de colaboración para o apoio e financiamento das festas do Apóstolo 2013 entre o Concello e El Corte Inglés. A achega de 6.000 euros prevista para o Día do Traxe Galego redúcese a 3.000 euros, xa que a actividade tivo que ser suspendida con motivo do accidente ferroviario de Angrois. Non obstante, o labor previo de organización, promoción, material de imprenta, publicidade e presentación aos medios xa se levara a cabo.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal