Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
29/06/2006 Trinta profesionais poñen en escena un espectáculo de música e baile de raíz que conxuga os recursos da tradición galega con outras formas de expresión musicada e danzada. Será na estrea do primeiro espectáculo de GS21, Isolma, o venres 30 de xuño, ás 21.00 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
GS21, Galicia Século 21, é unha compañía de baile e música de Galicia, composta por trinta profesionais cunha ampla traxectoria profesional, a nivel individual, de máis de quince anos, como bailadores, músicos ou vocalistas. Comeza a funcionar en abril de 2005, despois de que un grupo de músicos e bailadores expresaran a súa inquedanza por construír unha nova compañía na que a música e o baile tradicional fosen levados á súa máxima expresión.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.