DEPORTES

Uns 60 nenos e nenas participaron na 3ª Xornada de Portas Abertas do Balonmán

24/09/2013 O pavillón do Restollal acolleu a terceira edición da Xornada de Portas Abertas do Balonmán organizada polo Club Balonmán Ribadosar coa colaboración da Concellería de Deportes, Gadis, Adega Abrigadoiro e Federación Galega de Balonmán.

Preto de 60 nenos e nenas entre 6 e 16 anos acudiron a esta xornada, chea de actividades e xogos en torno ao balonmán e ao mini-balonmán nas diferentes categorías. O evento contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que animou os participantes á práctica do deporte.

Con esta xornada, que rematou cun partido dos xogadores cadetes, iníciase a nova temporada do Club Club Balonmán Ribadosar, que espera continuar cos éxitos da pasada campaña, na que os diferentes equipos ocuparon primeiros postos nas súas categorías.

Compartir: