BENESTAR SOCIAL

Publícase o listado de subsanación de solicitudes e documentación das bolsas de comedor escolar para o curso 2013/2014

29/07/2013 A Concellería de Benestar Social fixo público o listado de subsanación de solicitudes e documentación das bolsas de comedor escolar para o curso 2013/2014. Tamén se pode consultar esta listaxe nos taboleiros de anuncios da Concellaría da Área de Servizos Sociais e Oficina de Información e Atención ao Cidadán.

Infórmase que aqueles solicitantes que, cando se publique a lista de subsanación non se atopen na mesma, é porque teñen a súa documentación completa e non deben subsanar ningún extremo.

Por último, dicirlles que as listaxes publicadas sobre o Servizo de Madrugadores e Comedores Escolares, non teñen que ver coas bolsas de comedor escolar, para calquera cousa sobre este asunto deben de poñerse en contacto co Departamento de Educación, que é o que leva estes servizos. Teléfonos de contacto 981 554 400 / 981 554 401.

Documentos relacionados



Compartir: