ACCIDENTE FERROVIARIO

O Concello concederá a Medalla de Ouro da cidade aos veciños de Angrois

29/07/2013 A xunta de voceiros do Concello de Santiago de Compostela, celebrada hoxe ás 11.00 horas e presidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, acordou propoñer a concesión da Medalla de Ouro da cidade aos veciños de Angrois.

Esta condecoración pretende recoñocer a súa actitude exemplar no tráxico accidente ferroviario do pasado 24 de xullo.

Compartir: