Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Agenda
Compartir:

Agenda
Martes 7 de abril 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

[07/04/2015 10:00] Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

[07/04/2015 10:00] Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.


Axenda

Mostra conmemorativa do 125º aniversario da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo presenta na Casa do Cabido unha mostra conmemorativa dos 125 anos do centro. A exposición, realizada polos estudantes da especialidade de Arquitectura Efémera como proxecto do curso, reúne pezas e material antigo, xunto cunha selección de obras realizadas polos alumnos nas diferentes especialidades ao longo destes anos. Así, poden contemplarse esculturas feitas en materiais diversos, pezas repuxadas, estilismos de moda, xoias, fotografías, vídeos, instalacións de arquitectura efémera e unha variedade de produtos deseñados polos alumnos.

[07/04/2015 10:00] Ata mediados do mes de xullo, na Casa do Cabido.


Axenda

Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña

Catro persoeiros da música galega, Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña únense nun proxecto común, Rústica, ofrecendo un único concerto en Galicia. É un disco moi especial, editado por Fol Música, resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos.

[07/04/2015 20:30] O martes 7 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal