Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Axenda

Axenda
Sábado 30 de xuño 2012

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

[30/06/2012 10:00] Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

[30/06/2012 10:00] Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

I Circuíto de Carreiras Saudables "CorreSAN"

Primeira das catro carreiras do I Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN, que discorrerá polo Campus Vida.

[30/06/2012 19:00] O sábado 30 de xuño, ás 19:00 (proba escolar) e 19:30 horas (adultos), no Campus Vida.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal