Martes 12 de xuño 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Orquestra de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais

A Escola de Altos Estudos Musicais, o Concello de Santiago e o Consorcio da cidade organizan o ciclo A Escola na cidade, que leva a Orquestra de Cámara e aos Grupos de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais por distintos lugares da cidade para achegar a súa música aos composteláns e visitantes.

O martes 12 de xuño, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto de presentación da Romaría Pop

Como festa de presentación da Romaría Pop que se celebra o sábado 16 de xuño, temos un concerto na Zona "C" de San Domingos de Bonaval, no que poderemos escoitar o rock dos lucenses Holywater, que estarán acompañados polos tamén lucenses Mullet e a súa música bizarre.

O martes 12 de xuño, ás 21:30 horas, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: