Luns 5 de marzo 2012

Axenda

Xornada técnica "Xestión enerxética como nicho de emprego"

A Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza a xornada técnica Xestión enerxética como nicho de emprego, en colaboración co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e coa empresa de certificación European Quality Assurance (EQA).

Esta xornada, de asistencia gratuíta, está dirixida a persoal técnico que queira coñecer as posibilidades de traballo para a optimización dos recursos enerxéticos en empresas, vivendas e administracións. A inscrición permanecerá aberta ata as 12:00 horas do luns 5 de mazo.

O luns 5 de marzo, a partir das 15:30 horas, no edificio do Cersia, en San Lázaro.

Compartir: