Venres 30 de marzo 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Proxección de "A dilixencia" e coloquio con café

O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta A dilixencia, de John Ford, 1939. E a continuación, coloquio con café acompañados por Moncho Lemos, crítico de cine da TVG e da Radio Galega. Entrada de balde ata completar aforo.

O venres 30 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare"

Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de Shakespeare Hamlet.

Na Zona "C":
- Do 15 ao 17 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 18 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 22 ao 24 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 25 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 29 ao 31 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 1 de abril, ás 19:30 horas.
- Do 5 ao 7 de abril, ás 20:30 horas.
- O 8 de abril, ás 19:30 horas.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía

Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá. Interpretará a Sinfonía núm. 4 en Mi bemol maior de A. Bruckner.

O venres 30 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O Florido Pénsil"

Chegan ao Principal as representacións de O Florido Pénsil, de Andrés Sopeña, o espectáculo máis aclamado dos últimos 20 anos no teatro español pero adaptado e ambientado en Galicia. Con Xosé Manuel Oliveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto, Alfonso Agra e Fernando Bernués. Dirixe Mireia Gabilondo.

No Teatro Principal, coas seguintes funcións:

Mércores 28, 21.00 horas.

Venres 30, 21.00 horas.

Sábado 31, 18.00 e 21.00 horas.

Domingo 1, 20.00 horas.

Axenda

Drink and Tonic e Touret no ciclo de concertos sen alcohol "MusiCompostela"

Segunda entrega do ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.

MusiCompostela continúa coa actuación dos grupos Drink and Tonic e Touret, con entrada de balde. Seguirán outros cinco concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.

O venres 30 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25.

Compartir: