Mércores 28 de marzo 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Mark Lanegan + Creature with The Atom Brain

Mark Lanegan promete unha noite memorable do Compostela Rock, na que presenta en Galicia Blues Funeral, o seu novo disco, acompañado dos belgas Creature with the Atom Brain.

O mércores 28 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Capitol.

Axenda

"O Florido Pénsil"

Chegan ao Principal as representacións de O Florido Pénsil, de Andrés Sopeña, o espectáculo máis aclamado dos últimos 20 anos no teatro español pero adaptado e ambientado en Galicia. Con Xosé Manuel Oliveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto, Alfonso Agra e Fernando Bernués. Dirixe Mireia Gabilondo.

No Teatro Principal, coas seguintes funcións:

Mércores 28, 21.00 horas.

Venres 30, 21.00 horas.

Sábado 31, 18.00 e 21.00 horas.

Domingo 1, 20.00 horas.

Compartir: