Xoves 15 de marzo 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario

Nova edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, no que se poden ver traballos realizados por compañías teatrais procedentes de universidades, departamentos de artes escénicas e escolas superiores de arte dramática. Nesta xornada, dúas representacións: Fantasía nº1 en mi menor (un proxecto casi teatral), de Sther F. Carrodeguas, e Sapho, de Palepé, a cargo do Teatras Studija. Vilniaus Gedimino Technikos Universitetas, de Lituania.

O xoves 15 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bodaño Fantasía nº1 en mi menor (Fantasía nº1 en mi menor (un proxecto casi teatral)) e ás 21:30 horas, no Teatro Principal (Sapho).

Axenda

"Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare"

Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de Shakespeare Hamlet.

Na Zona "C":
- Do 15 ao 17 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 18 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 22 ao 24 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 25 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 29 ao 31 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 1 de abril, ás 19:30 horas.
- Do 5 ao 7 de abril, ás 20:30 horas.
- O 8 de abril, ás 19:30 horas.

Axenda

Josep Pons dirixe a Real Filharmonía de Galicia

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, desta vez dirixida por Josep Pons. A orquestra contará coa colaboración especial da mezzosoprano Jane Irwin para interpretar obras de Mahler, Schreker e Strauss.

Programa:

G. Mahler, What the wild flowers tell me (segundo movemento da Sinfonía núm. 3), arr. de B. Britten.
F. Schreker, Cinco cancións para voz grave e orquestra.
R. Strauss, Suite de O burgués xentilhome, op. 60.

O xoves 15 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: