Domingo 11 de marzo 2012

Axenda

Teatro de monicreques: "Os narigudos"

Sesións de teatro de monicreques coa compañía Tanxarina e a súa obra Os narigudos.

O domingo 11 de marzo, ás 12:00 e 17:00 horas, na Cidade da Cultura.

Axenda

Obradoiro de sombras chinesas

Nenos a partir de 7 anos contarán co seu propio teatro de sombras chinesas grazas a este obradoiro no que, a través de catro sesións, poderán recortar as súas propias figuras e decorados e aprenderán a manipulalos para finalmente realizar pequenas dramatizacións nas que escenificar as historias ideadas por eles mesmos.

Os domingos 4, 11, 18 e 25 de marzo, ás 11:30 e 17:30 horas, na Cidade da Cultura.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Concerto da Banda Municipal de Música, con Rafael Sanz Espert, director da Banda Municipal de Música de Bilbao, como director convidado.

O domingo 11 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: