Sábado 29 de febreiro 2020

Axenda

"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio

Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.

Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival Rosalía na praza de Cervantes

Unha feira de produtos coa "marca Rosalía" na que participan oito empresas que fabrican ou comercializan camisolas, bixutería, sacas, libros... coa escritora como protagonista.

O sábado 29 de febreiro, na praza de Cervantes.

Axenda

Pista de xeo en Área Central (ata o 1 de marzo)

Volve a Área Central a pista de xeo natural, con 1.200 metros cadrados para a patinaxe.

Na praza de Europa (Área Central), ata o 1 de marzo.

Axenda

"Galicia, un relato no mundo", na Cidade da Cultura

A exposición explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade.

Do 15 de novembro de 2019 o 12 de abril de 2020, na Cidade da Cultura.

Axenda

O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell

O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside. .

Ata finais de ano, na Fundación Granell.

Compartir: