Domingo 2 de febreiro 2020

Axenda

"Deconstruír o franquismo", no paseo central da Alameda

Pre-producións fotográficas de espazos e simboloxía franquista que perduran ou que foron esquecidos pola cidadanía.

Ata o 6 de febreiro, no paseo central da Alameda.

Axenda

"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio

Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.

Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto á carta da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música ofrece un concerto con pezas elixidas polo público.

O domingo 2 de febreiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal

Axenda

Pista de xeo en Área Central (ata o 1 de marzo)

Volve a Área Central a pista de xeo natural, con 1.200 metros cadrados para a patinaxe.

Na praza de Europa (Área Central), ata o 1 de marzo.

Axenda

"Galicia, un relato no mundo", na Cidade da Cultura

A exposición explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade.

Do 15 de novembro de 2019 o 12 de abril de 2020, na Cidade da Cultura.

Axenda

"O Camiño Francés en 360º", mostra no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Fotografías de Goyo González que amosan o Camiño dende un novo punto de vista.

Ata o 16 de febreiro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Compartir: