Mércores 16 de xaneiro 2019

Axenda

Pista de patinaxe sobre xeo no parque da Alameda

A pista de patinaxe sobre xeo volve como cada Nadal á Alameda compostelana para facer as delicias de pequenos e maiores.

Ata o 27 de xaneiro, no parque central da Alameda.

Axenda

"Perencontro", intervención de Alejandra Pombo na Zona C

Alejandra Pombo pon as condicións para dar lugar ao Perencontro con catro artistas invitados para a ocasión deste proxecto: María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.

Do 17 de xaneiro ao 10 de marzo, na Zona C.

Axenda

"O Camiño de Santiago debuxado", de Joaquín González Dorao

O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao presenta a súa vivencia como peregrino a través dos seus debuxos e acuarelas.

Ata o 27 de xaneiro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Castelao maxistral" na Cidade da Cultura

Exposición homenaxe ao papel dos mestres e mestras da II República e que exhibe por vez primeira en Galicia a obra icónica '"A derradeira leición do mestre".

Ata o 3 de marzo, na Cidade da Cultura.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: