Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
[05/05/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
[05/05/2012 10:00] Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.Axenda
A IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, celebra a súa semana oficial. Ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, conta con actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado é Romanía.
[05/05/2012 10:00] Do 2 ao 12 de maio, en diversos espazos da cidade.Axenda
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
[05/05/2012 16:00] Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.Axenda
Concerto de La Débil e Unicornibot dentro do ciclo Compostela Rock e enmarcado no festival Curtocircuíto.
La Débil presenta en Galicia o seu novo disco Sángrada, mentres que Unicornibot traen o seu novo traballo Dalle.
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.