Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Axenda
Compartir:

Axenda
Sábado 18 de febreiro 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

[18/02/2012 09:00] Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.


Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

[18/02/2012 10:00] Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.


Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

[18/02/2012 10:00] Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.


Axenda

II Salón do Vehículo Clásico e de Época

Coa colaboración do Concello de Santiago, Retro Galicia. I Salón do Vehículo Clásico e de Época, celebra en Compostela a súa segunda convocatoria. A exposición compleméntase con diversas actividades paralelas vinculadas ao automóbil.

[18/02/2012 13:39] Os días 17, 18 e 19 de febreiro, no Recinto Feiral de Amio


Axenda

Xenerais da Ulla en Aríns

A parroquia de Aríns celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.

[18/02/2012 18:30] O sábado 18 de febreiro, ás 18:30 hroas, no campo da festa de Aríns.


Axenda

Erik Truffaz 4tet no Jazz in Blue

O prestixioso trompetista Erik Truffaz abre o novo ciclo Jazz in Blue.

[18/02/2012 21:00] O sábado 18 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal