Xoves 16 de febreiro 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Mujer muerta caminando"

Cámara Negra Teatro representa Mujer muerta caminando, unha proposta escénica froito dun proceso de investigación teatral desenvolvido a partir de textos da novela O Idiota, de Fiodor M. Dostoievski.

Os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16 e 23 de febreiro, na Zona "C".

Axenda

Juanjo Mena dirixe a Real Filharmonía de Galicia

Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, desta vez dirixida por Juanjo Mena e coa colaboración de Stephan Schilli ao óboe.

Programa:

B. Martinu, Sinfonietta La Jolla, op. H. 328.
Concerto para óboe e pequena orquestra, H. 353.
L. v. Beethoven, Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92.

O xoves 16 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto de Aline Frazao

Aline Frazao presenta o seu novo disco Clave Bantú, abrindo así o novo ciclo Intimo & Acústico.

O xoves 16 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Compartir: